Ruta da Marquesa
R uta de trazado lineal e suave en canto aos esforzos necesarios para a súa realización; de catro quilómetros e medio de lonxitude une dúas sendas universalmente coñecidas, o Camiño Francés de Santiago, declarado en 1998 Patrimonio da Humanidade e a Vía Romana XIX –un dos trazados deseñados e empregados polo Imperio romano- que servía para unir as cidades de Braga, en Portugal, coa cidade de Lugo, en Galicia. Na senda da Marquesa, destacan ademais das carballeiras de indubidable beleza, o Pazo do Marqués de Montesacro e o Cedro que alberga o propio pazo, catalogado este último como o máis alto de Galicia cos seus 18 metros de altura. A senda da “Ruta da Marquesa” discorre polas parroquias de Arca e O Pino. Comeza na encrucillada da estrada N-547 no lugar de A Rúa, por onde pasa o Camiño de Santiago, ata chegar á estrada N-634 que vai cara a Curtis, por onde pasa a Vía Romana XIX. Esta senda de trazado lineal ten unha lonxitude aproximada duns catro quilómetros e medio. A ruta pódese realizar a pé, a cabalo ou ben en bicicleta. O tempo aproximado de duración do percorrido é de unha hora e media a pé. A dificultade do mesmo pódese considerar baixa, dado que o terreo polo que segue conta cun relevo moi suave e sen apenas pendentes. O nome da “Ruta da Marquesa” procede da denominación popular co que se coñece ao Pazo do Marqués de Montesacro, así como a zona do fermoso paseo entre carballos que existe nos arrededores desta construción.