Ruta da Montaña



Ruta da Montaña

A “Ruta da Montaña” do Concello de O Pino, discorre polas parroquias de Lardeiros e Pastor, poñendo en valor os elementos patrimoniais que as caracterizan e as fermosas paraxes naturais que albergan. Desde o punto de partida, na área recreativa, a senda pasa polos lugares de Lardeiros de Medín, Portouteiro, Os Currás, Pastor, O Petón, A Barcia, Tambre, Lardeiros, Vimieiro, Domés e Ponte do Seixo para chegar de novo ao punto de inicio na área recreativa de Pontedapedra. Trátase de unha senda circular duns dezaoito quilómetros de lonxitude que debido ás características do terreo polo que pasa, con varios tramos en pendente unido á lonxitude do mesmo podemos consideralo de dificultade media-baixa. O punto de partida desta senda sitúase na área recreativa de Pontedapedra (42º58’22 N, 8º17’21 O). O tempo aproximado de duración do percorrido, a pé, está entre unhas catro horas e media a cinco horas, tempo que variará en función da práctica que se teña como sendeirista.

descarga la ficha en PDF de este itemdescarga los tracks y waypoints de esta rutaenlace a google maps
joomla template