Camiño de Santiago

O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros do Camiño Francés, concretamente dezaoito, que atravesan as parroquias de: San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Santa Baia de Arca, San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito. Comeza o percorrido pola parroquia de San Breixo, nos lugares de Calzada e Calle, e avanza até as inmediacións do aeroporto de Lavacolla, xa no concello de Santiago.

Escondidos entre a vexetación, áchanse detalles que fan referencia ao culto xacobeo: fitos de pedra coas súas cunchas de vieira, ou mesmo pequenos altares improvisados polos peregrinos en calquera estante natural. Paso tras paso o camiñante vai descubrindo panorámicas vexetais conxugadas coas construcións e terreos de labranza que se distribúen por todo este municipio.

Puntos de especial interese: A ermida de Santa Irea coa súa fonte e a súa carballeira, os lugares de Calzada e Calle coa súa fonte e o pazo de “Dúas Casas”, as frondosas carballeiras que nos acompañan todo o tramo, fontes, áreas de descanso e albergues (Santa Irea e O Pedrouzo) para o descanso do peregrino.

descarga la ficha en PDF de este itemdescarga los tracks y waypoints de esta rutaenlace a google maps
joomla template