Igrexa parroquial de San Xián de Lardeiros
I grexa parroquial de estilo barroco. Planta de cruz latina, dunha nave con capelas acaroadas ás costas. Mampostería enlucida e revocada con pedras de granito pizarroso nas partes nobres. Nave con bóveda de canón. Cruceiro con bóveda de arestas. No brazo norte do cruceiro, releve empotrado na parede en forma de templete de plateresco coa Virxe e mais o Neno. Capela acaroada ao norte con bóveda de arestas. Capela arrimada con retábulo pétreo na parede, fiestras marqueadas, corpo de retábulo con pilastras e fornelo central. Escudos nobiliarios da familia fundadora do padroádego.