Pazo de Picón



Pazo de Picón

E dificación de estilo barroco con planta en U moi aberto. Construído de mampostería pizarrosa enlucida e pedras de cantaría de granito en partes nobres. Fachada con portas baixas e xanelas cadradas de bordos de cantaría. Na á norte, escaleira e patín alargado con escudo do Rei, con certo parecido ao de Porto Outeiro. No seu interior destaca o seu xardín, elaborado a base de vellas plantas de "buxo" (arbusto). Do seu tellado sobresae unha torre almenada de construción recente ampliada no ano 1958. O dintel sobre a porta da solaina ten data de 1699.

Unha das cousas que máis agrada deste pazo é a súa presentación como conxunto agrícola e en especial a súa situación nun bosque de cedros e eucaliptos. A inmensa leira que rodea o pazo aínda conserva as grandes árbores e as distintas especies autóctonas e foráneas, á que se accede por unha pista que atravesa unha paisaxe natural de gran beleza.

descarga la ficha en PDF de este itemenlace a google maps
joomla template