Pazo de Medín (Porto Outeiro)



Pazo de Portoouteiro (Pazo de Medín)

P azo de construción sinxela que presenta un único escudo na fachada que data do século XVIII, nel pódense observar o brazo armado de Vilardefrancos, a árbore e as estacas dos Leis, o lobo dos Moscoso e a torre de Pardiñas ou Riobó.

A construción aparece pechada por un muro alto que encerra un hórreo (cabazo) de grandes dimensións e un pombal do século XVI. O edificio -barroco- está construído en pedra de cantaría de granito nas partes nobres. Con dúas plantas, a baixa con ventanucos na zona de almacéns e a nobre con seis xanelas bordeadas e con alfeizar de pedra de cantaría. Posúe unha capela tamén barroca de planta rectangular con presbiterio non diferenciado. Sinxela porta con marqueado e espadana con finais de pináculos e balaústres.

descarga la ficha en PDF de este itemenlace a google maps
joomla template