Pazo de Bermás (Pazo Marqués de Montesacro)
E dificio de estilo barroco de planta en forma de U moi aberto. Fábrica de mampostería revocada e pedras de cantería de granito pizarroso nas partes nobres. Fachada con pequena escalinata de acceso á planta nobre. Fiestras con peitoril de pedra de cantería. É un conxunto formado nunha grande leira con casa-pazo, hórreo moi longo, outo e graneira-palleira. Neste pazo sitúase o maior cedro de Galicia con 18 metros de altura e 90 cm de diámetro na base do tronco. Resulta asombrosa a visión da súa copa que se deixa ver ó longo de 90 metros cadrados. Hoxe en día esta construción fidalga é propiedade de Manuel Alonso Martínez.