Pazo de Ferreiros / Casa Grande de Torre
C asa Grande situada no lugar de Torre de Abaixo. Contigua a edificación de maior tamaño atópanse outras dúas que pertencían aos mesmos propietarios e servían como vivenda dos caseiros. A edificación conta tamén con hórreo de gran tamaño, capela, pendellos e varias dependencias de gran tamaño para os animais. O seu estado é semirruinoso, aínda que a pedra das edificacións se atopa en bo estado.